miércoles, 1 de octubre de 2008

Cé Tomé presenta Sealed



SEALED – CASO PECHADO – Cé Tomé.
venres 3 de Outubro | 20:00 h | Librería Plaxio (M.A.R.C.O.)

Cé Tomé, asinara exemplares do libro e estará acompañado musicalmente pólo colectivo Rio Lagares e o Arkestriano Bluecat.

Natural de Vigo e residente en Bruxelas, Cé Tomé dedícase ao mundo da música dende 1980, como pinchadiscos, compositor e produtor, con diferentes pseudónimos como Doc Manhattan ou Mister Choco. A finais dos anos 80 comeza a experimentar coa fotografía e o deseño gráfico, realizando logotipos, fotomontaxes e imaxes de marca.


Xa entrados os anos 90 publica, en colaboración con Xavier Queipo, o libro Mundiños e presenta en ARCO unha instalación de máis de 200 retroproxeccións de fotomontaxes combinadas con música pinchada en directo. Cunha variación desta obra participou algúns anos despois na mostra Lost in Sound, do Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela.

myspace.com/misterchoco

2 comentarios:

Anónimo dijo...

pois como non mellore nas fotos, vamos, para sacarlle unha foto a unha fiestra tapiada, non moito que buscar, no meu pobo esta cheo delas, e miña abuela ten unha, cun macetero que lle quedou moi ben,, por que a foto donde esta o cuadro de control dun semaforo ou algo polo estilo, chavallllllllll eso non se pon,, antiestetica, espero que sexas capaz de asumir as criticas,

Héitor Picallo dijo...

Sr. Anónimo, xa se ve que sabe moito de Arte (da aleatoria e da fortuíta)... Agardo que saibas aceptar as críticas, pero creo que non tes nin idea. Acabo de coñecer, recientemente, as obras de Cé Tomé podo comprender que detrás delas hai moitas horas de traballo, de observación, de valoración de intesidades lumínicas,... Que fácil é criticar cando se ignora.