viernes, 24 de octubre de 2008

Festival Sinsal Otoño, Suma y sigue ..

The Necks (Canadá)
Sábado, 25 de outubro | Auditorio do Centro Cultural Caixanova (Vigo) | 21.00h | 10 euros

Por separado, son tres dos instrumentistas máis respectados de Australia nun amplo abano de estilos, dende o pop á música de vangarda. Xuntos, Chris Abrahams (piano), Tony Bruck (batería) e Lloyd Swanton (baixo) forman The Necks, unha banda difícil de clasificar, con catorce discos ás costas e un prestixio inversamente proporcional ao seu nulo esforzo promocional.

Post-jazz ou post-rock, depende de quen o enuncie, The Necks é o que acontece na música experimental cando o experimento funciona. Dub, krautrock, minimalismo, pop ou ambient, non hai maneira de etiquetar a un trío único, tan disciplinado como heterodoxo, que toca coma unha orquestra de vinte músicos.

www.thenecks.com | www.myspace.com/thenecks

No hay comentarios: